As palabras en galego son lixeiras,
escapanse e, por veces,
desaparecen
sen deixar rastro.
As palabras en galego tes que amarralas coma bateas,
e esculpilas, en granito, para que pesen.
E empiladas, unha sobre a outra,
facer catedrais,
para facer historia.
As palabras en galego están sempre en loita,
e hai batallas que se ganan soamente
con mais palabras.
Usándoas.
Esculpindoas.
Amarrándoas,
para darlles ás.
As palabras en galego son miñas,
porque cando o uso
Esculpenme,
amarranme
e fanme ser,
tamén,
unha catedral con ás
no pe de batalla.
miércoles, 25 de diciembre de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)