TWITTER | BLOG

Id como una plaga contra el aburrimiento del mundo



miércoles, 25 de diciembre de 2013

A lingua da choiva

As palabras en galego son lixeiras,
escapanse e, por veces,
desaparecen
sen deixar rastro.

As palabras en galego tes que amarralas coma bateas,
e esculpilas, en granito, para que pesen.
E empiladas, unha sobre a outra,
facer catedrais,
para facer historia.

As palabras en galego están sempre en loita,
e hai batallas que se ganan soamente con mais palabras.
Usándoas.
Esculpindoas.
Amarrándoas, para darlles ás.

As palabras en galego son miñas,
porque cando o uso
Esculpenme,
amarranme
e fanme ser,
tamén,
unha catedral con ás
no pe de batalla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Dale una vuelta más a mi mundo: